Posúe máis de 35 anos de experiencia profesional na avogacía, sobre todo no ámbito de cooperativas e economía social. É socio e responsable de Viteri Abogados, S. C. P, ademais de colaborador de AGACA. Ao longo da súa vida profesional participou en constitucións, fusións, reestruturacións, disolucións, e cumprimento das normas e a disciplina. Foi relator da elaboración do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, da elaboración do borrador do Decreto do Consello Galego de Cooperativas e do borrador da Lei de Economía Social de Galicia. Interveu en múltiples xornadas, conferencias e redacción de artigos relacionados co cooperativismo e a economía social.